
Texto del manifiesto en castellano | English text of the manifesto
A día de hoxe existe a evidencia científica de que dende o momento da fecundación aparece unha nova vida humana. Así o ratificou o Manifesto de Madrid, presentado en marzo de 2009 e asinado por máis de 3000 científicos españois.
Ante esta certeza pódese afirmar que o aborto supón a morte violenta dun ser humano e un terrible drama para a muller que o sofre.
O número de abortos practicados en España supera xa o millón, e sen embargo segue sen ofrecerse ningunha información nin axudas sociais ás mulleres embarazadas en situacións difíciles, mentres que si existe financiación para que vaian a abortar.
Agora o Goberno pretende aprobar unha lei de prazos que deixa completamente desprotexido ó novo ser e abandona á muller ante os seus problemas, empurrándoa ó aborto. Por outra banda, considera ós enfermos e discapacitados como seres humanos de segunda categoría, permitindo que poidan ser eliminados antes de nacer.
O proxecto de lei contempla tamén que as menores poidan abortar sen o consentimento paterno, deixándolas soas e impedindo ós pais axudar ás súas propias fillas ante a situación dun embarazo inesperado.
Asimesmo a nova lei pretende impoñer un determinado tipo de educación sexual nos colexios, vulnerando así o dereito dos pais a educar ós seus fillos segundo as súas propias normas morais.
Co aborto libre, o número de nenos mortos aumentaría ata case o dobre, así como o de mulleres que sufrirían os xa coñecidos danos físicos e psicolóxicos que o aborto provoca nelas.
A resposta da sociedade española ante este anuncio foi contundente: marchas, concentracións e manifestacións masivas a favor do dereito aá vida, enquisas claramente contrarias á lei e diversos manifestos asinados por millares de españois que esixen a posta en práctica de políticas favorables á vida e á maternidade.
Sen embargo, o Goberno fai oídos sordos a este clamor social, e pretende seguir adiante cunha lei que España non quere.
Por todo elo,
ESIXIMOS
Que o Goberno escoite á sociedade española e retire o proxecto de lei do aborto que pretende aprobar.
Que os nosos políticos promovan leis que protexan o dereito a vivir e o dereito a ser nai, amparando a vida en todo momento e axudando ás mulleres embarazadas a superar calquera problema que un embarazo imprevisto pode xerarles.
Que se respete o dereito dos pais a formar ós seus fillos en materia de educación sexual segundo as súas propias conviccións.
Que se respete o dereito á obxeción de conciencia do personal sanitario para que poida cumplir o seu compromiso de defender e coidar a vida e a saúde dende o mesmo instante da concepción.



Moi difícilmente se poderá respetar o dereito á obxeción da conciencia, se o aborto pasa a ser un dereito. Ó obxectar, estamos negando un dereito, e iso non se pode facer. Non é o mesmo que obxectar á EPC, obxetando á EPC non negas un dereito a ninguén, o estado non o ten para adoutrinarche. Aínda que, en vista de como van as cousas, tamén rematarán facendo do adoctrinamiento estatal un dereito.
Hai que parar esta lei, como primeiro paso ata a abolición total do aborto. Senon,
P.D. : Perdón, cortouse. Dicía que, se non, rematarán con nos meténdonos no cárcere.