A expedición xuvenil Crossroads chega hoxe a Sarria na súa camiñata de dous mil kilómetros polo “aborto cero”


Pulsa aquí para leer esta noticia en castellano

Os estudantes anuncian a Marcha Internacional pola Vida do próximo 7 de outubro, en Madrid e noutras 60 cidades de España, co lema ‘Polo dereito a vivir, aborto cero’.

LUGO, 13 DE AGOSTO DE 2012.- A expedición provida Crossroads, formada por xoves de distintos lugares de España, chega este luns a Sarria, para dar a coñecer a campaña Aborto Cero polo dereito á vida e a derogación da chamada Lei Aído.

Os xoves, de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, recollerán sinaturas para pedirlle ó presidente do Gobierno “unha lei de aborto cero”, é dicir, unha lei que protexa a vida humana e apoie a maternidade.

A campaña alcanzará o seu punto culminante p próximo 7 de outubre, coa celebración da Marcha Internacional pola Vida en Madrid e noutras 60 cidades de España. A movilización, convocada por Derecho a Vivir e máis de cen entidades provida e profamilia de Europa, Estados Unidos, Iberoamérica e Australia, realizarase co lema “Polo dereito a vivir, aborto cero”.

O rally Crossroads saiu o pasado 7 de xullo de Barcelona, nunha camiñata de preto de dous mil kilómetros que os llevará a Santiago de Compostela o vindeiro 19 de agosto.

Os xoves pasaron esta fin de semana pola cidade de Lugo e este luns cubriron a etapa Tricastela – Sarria.

Os mozos e mozas distínguense por levar unha camiseta coa palabra “ProLife” estampada en gran tamaño. Son acollidos en parroquias, centros da Igrexa, colexios e fogares particulares das cidades polas que pasan.

A iniciativa Crossroads naceu en Estados Unidos, en 1995, como resposta a unha mensaxe do Papa Xoan Pablo II ós xoves, invitándolels a difundir con accións imaxinativas e perseverantes a “cultura da vida”.

A idea de organizar camiñatas veranegas extendeuse a Irlanda, Canadá e, agora, por primeira vez, tamén a España.

En España, o primeiro rally Crossroads coincide coa reforma da Lei do Aborto, un proceso incluido polo PP no seu programa electoral e anunciado dende o pasado mes de xaneiro polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón.

Os xoves de Crossroads recollen sinaturas para a campaña Aborto Cero, unha iniciativa da organización Derecho a Vivir para conseguir que a reforma anunciada polo Goberno dé lugar a unha nova lei que protexa o dereito á vida e apoie a maternidade.

O 7 de outubro, marcha pola vida en toda España

Os mozos de Crossroads tamén informan da gran marcha pola vida que se celebrará o vindeiro 7 de outubro en sesenta cidades españolas, coincidindo coa celebración do Día Internacional contra a pena de morte.

A marcha pola vida celebrarase simultáneamente en 60 cidades de España co lema “Polo dereito a vivir, aborto cero”, organizada por máis de cen entidades.

En Madrid, a manifestación será multitudinaria e contará coa presencia de delegacións das principais entidades provida de Europa, Estados Unidos e Iberoamérica.

Os xoves prevén chegar a Santiago de Compostela o vindeiro 19 de agosto. O calendario de etapas pode consultarse na web da expedición: www.crossroadswalk.es.

0 Respuestas a “A expedición xuvenil Crossroads chega hoxe a Sarria na súa camiñata de dous mil kilómetros polo “aborto cero””


  1. Ningún Comentario

Añade un Comentario