Chega a Galicia a pelegrinación provida a Santiago de Crossroads

Pulsa aquí para leer esta noticia en castellano

Tal como informan no seu Twitter (@CrossRoads_Es), hoxe chegan a Galicia os xoves da pelegrinación provida de Crossroads, facendo a súa entrada na nosa comunidade por Pedrafita do Cebreiro en dirección a Santiago de Compostela. Neste tramo final conta co apoio da Juventud Universitaria Española.

Mañá sábado ás 10:00h da mañá haberá unha recepción na Capela da Virxe dos ollos grandes, co Bispo de Lugo. Ás 11:30 chegará á Praza Maior da capital lucense a Caravana de Aborto Cero, e ás 18:00 levarán a cabo un paseo pola Muralla romana.

Durante a próxima semana estas serán as escalas que fagan por Galicia os xoves de Crossroads:

Pedrafita do Cebreiro – Triacastela (domingo 12)
Triacastela – Sarria (lunes 13)
Sarria – Portomarín (martes 14)
Portomarín – Palas de Rei (miercoles 15)
Palas de Rei – Arzúa (jueves 16)
Arzúa – Pedrouzo (viernes 17)
Predrouzo – SANTIAGO (sabado 18)

Dende HO-DAV Galicia damos a benvida a estes xoves e animamos a todos os amigos da causa da vida a darlles o seu apoio e a súa compaña durante estes derradeiros días de camiño.

0 Respuestas a “Chega a Galicia a pelegrinación provida a Santiago de Crossroads”


  1. Ningún Comentario

Añade un Comentario