A Xunta Electoral impide a Dereito a Vivir concentrarse polo #AbortoCero en VIGO y PONTEAREAS. Mantense a de PONTEVEDRA

Pulsa aquí para leer esta noticia en castellano

A Xunta Electoral, que asume as competencias na autorización de manifestacións durante as campañas electorais, denegou a Dereito a Vivir a autorización para convocar unha concentración polo Aborto Cero en Vigo. A decisión nos foi comunicada hoxe, sen deixarnos apenas plazo para recurrir. Trátase dunha decisión incomprensible, pois a celebración da campaña das Eleccións Autonómicas de Galicia non impide o exercicio do dereito de manifestación e o noso acto non tiña fins electorais. De feito, noutras poblacións de Galicia hai convocadas mobilizacións polo Aborto Cero para este domingo sen que nos teñan denegado a autorización para levalas a cabo. ¿As autoridades conceden ós habitantes de Vigo menos dereitos que ó resto dos galegos?

En consecuencia, Dereito a Vivir non fará a súa concentración en Vigo.

Actualizado ás 17:33h: Comunícannos dende a delegación local de Dereito a Vivir que a Xunta Electoral tamén denegou a última hora o permiso para a concentración de Ponteareas. En consecuencia, tampouco se fará a concentración prevista nesta localidade. A nosa delegación alí ten previsto levar a cabo máis adiante algún acto, manterémosvos informados.

Actualizado ás 20:57h: confírmanos o noso delegado en Pontevedra que non lle comunicaron ningunha denegación da autorización da concentración na capital provincial. Así pois, animamos ós nosos amigos de Vigo e Puenteareas a desplazarse ata Pontevedra para participar nesta concentración, que se levará a cabo ás 19:00 horas na Praza 8 de marzo (confluencia rúas: Peregrina, La Sota e García Camba). Máis información aquí.