Domingo 21 de setembro: convocatorias para a #MarchaVida 2014 en Galicia

[Pulsa aquí para leer esta noticia en español]

O vindeiro domingo día 21 de setembro Dereito a Vivir convocou mobilizacións en toda España e nalgunhas cidades doutros países. Podes ver aquí a lista completa de convocatorias. Indicámoste as previstas en Galicia:

Sábado 20 de setembro

Ferrol. O sábado ás 13:00h na Praza de Armas, ante o Concello (ver mapa).

Domingo 21 de setembro

A Coruña. O domingo ás 13:00h na Rúa Real, 96 (ver mapa).

Ourense. O domingo ás 19:00h no Parque Alameda (ver mapa).

Vigo. O domingo ás 13:30h na Rúa do Príncipe, ante o MARCO (ver mapa). Convoca a Asociación Familiar Viguesa, AFAVI.

Podes atopar máis información sobre estas mobilizacións en www.marchavida.org. Por favor, ¡difunde esta convocatoria entre todos os teus contactos! De nós depende salvar as vidas de máis de 300 nenos e nenas por nacer aos que mata a diario o aborto en España.

0 Responses to “Domingo 21 de setembro: convocatorias para a #MarchaVida 2014 en Galicia”


  • No Comments

Leave a Reply